A ‘Maleta viaxeira’ fai parada no Grove ateigada de libros feministas

O GROVE>  A maleta viaxeira chega ao Concello do Grove. Trátase dunha iniciativa a prol da igualdade e contra a violencia de xénero impulsada pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Un proxecto que naceu o ano pasado, cunha única maleta, que suma agora outras catro, dado o éxito da primeira edición. En total, as cinco maletas gardan no seu interior case un cento de publicacións feministas que comezarán a viaxar pola provincia.

Mavi, a Maleta viaxeira contra a violencia de xénero, comezou a percorre-la provincia o ano pasado, a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. A boa acollida da primeira edición, fai agora que as maletas se multipliquen. En total, cinco equipaxes cargados de libros feministas. Unha delas xa comezou o seu percorrido, cunha primeira parada no Grove.

A Maleta viaxeira leva no seu interior 10 publicacións feministas. No Grove vai facer parada durante os vindeiros meses, para que toda a veciñanza poida ler os libros que se agochan no seu interior.Coa posta en circulación das cinco maletas viaxeiras, a Subdelegación está a divulgar preto de 80 títulos feministas. Un xeito de achega-la igualdade aos diferentes municipios da provincia.

A boa acollida deste proxecto vai máis alá das fronteiras da provincia de Pontevedra. As outras tres subdelegacións do goberno en Galicia tamén toman como súa esta iniciativa nacidada en Pontevedra, craendo as súas propias Maletas Viaxeiras.