![]()
VILAGARCÍA> A rúa Méndez Núñez de Vilagarcía encherase de música e ambiente festivo dende o próximo xoves ata o catro de agosto… o festival Varieté chega a esta rúa vilagarciá coa finalidade de amenizar os xoves, os venres, e nalgún caso ambos… durante parte do verán, con diferentes concertos e actividades.
O vindeiro xoves arranca a VI edición do festival Varietés que se celebrará na rúa Méndez Núñez de Vilagarcía durante os xoves, os venres ou ámbolos dous días, dende o 23 de xuño ata o 4 de agosto.
Unha actividade promovida pola Asociación Varietés, co patrocinio de oito locais de hostalería que se encontran nesa rúa, e na que colaboran o Concello de Vilagarcía e a Asociación Ahituvi. Estes concertos terán un horario no que o primeiro pase será as 21:00 e o segundo as 23:00 no caso dos xoves, e de 22:00 o primeiro e 23:30 o segundo pase os venres.
Chaladura, Verason, Pablo Balseiro & Friends ou La Pistola del Manco son solo algúns dos grupos que estarán en Méndez Núñez ao longo deste verán. Sen dúbida un motivo máis para saír a pasear polas rúas vilagarciás, nas noites estivais.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/21/ptac_festivais_variete_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/21/ptac_festivais_variete_villa.mp4{/flowplayer}








