SALNÉS> Os autónomos miran o seu difícil futuro con algo máis de optimismo. Trala xuntanza mantida entre UPTA e a ministra de traballo, o goberno tomou medidas como o aprazamento dos impostos ou a creación da mesa do autónomo a nivel nacional. Dende Upta seguirán negociando e traballando coas administracións para que adopten medidas que non deixen atrás a ningún negocio.
O pasado luns a Unión Profesional de Traballadores Autónomos reuniuse coa ministra de traballo para expoñerlle as súas propostas para axudar ao sector. A dirección da UPTA fai un balance positivo da xuntanza tralas medidas aprobadas polo goberno. Na reunión decidiuse aprazar a moratoria dos impostos ata o 20 de maio, unha medida positiva aínda que os desexos da organización era que se prorrogase ata o segundo trimestre, a outra noticia positiva é a creación da mesa do autónomo a nivel nacional.
Dende Upta continuan negociando co ministerios para que se adopten máis medidas que melloren a situación. Entre as súas propostas atópase a de rebaixar o requisito de acreditación mínima de facturación por debaixo do 50%, en lugar do 75% actual.
Dende UPTA piden tamén a moratoria dos alugueres, xa que a medidas adoptadas polo goberno inclúen só ás hipotecas. Tamén piden a moratoria das cotizacións autónomos incluíndo o mes de abril.
Outra das súas peticións vai destinada ao rescate dos plans de pensións dos autónomos sen ningún tipo de requisito fiscal.
Dende UPTA continuarán traballando e negociando tanto co goberno como coas comunidades autónomas. Ademais tamén están elaborando un paquete de medidas para a reactivación da actividade, de xeito que unha vez que se volva a normalidade, se poida estimular o consumo e manter os postos de traballo.