Detidos os autores do roubo de rodaballos no IGAFA

    igafa_100.jpgA ILLA> Nestes tempos de crise os ladróns non discriminan peza. Na pasada amencida do venres ó sábado dous homes do Salnés entraron a roubar nas…

    {flowplayer}images/salnes/22032010_roubo_igafa.flv{/flowplayer}

    … piscifactorías que o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, o IGAFA, ten na Illa. Aquí, os amigos do alleo levaron un botín composto por 25 rodaballos de gran tamaño, de entre cadanseus 6 kilos de peso e 250 alevíns deste peixe. Actuaron rápido, entrando por este enreixado lateral sen a penas causar danos.

    Malia as condicións de seguridade do recinto, dotado dun circuíto pechado de vídeo e dun vixilante, os malfeitores foron quen de levar o contido destes tanques salvo catro animais, presuntamente ca axuda dun trueiro. As cámaras rexistraron a matrícula do seu coche, o que facilitou que horas despois, axentes da orde deran co mesmo no peirao illense, contendo aínda no seu maleteiro os anteditos peixes, que foron facilmente identificables posto que contiñan un microchip identificador. Malia celeridade da investigación os peixes apareceron mortos, co que se perdeu, non so o seu valor comercial; senón tamén o seu incalculable valor científico; posto que formaban parte dun ambicioso proxecto de rexeración desta especie, en colaboración ca Universidade de Lugo e ca Consellería do Mar.

    Esta é a primeira vez que acontece algo semellante nas instalacións do IGAFA, polo que a dirección xa decidiu reformar as medidas de seguridade do centro educativo con máis videocámaras e detectores de presencia.

    Redacción Salnés