Vilaxoán agarda que o Sergas reabra o consultorio unha vez rematadas ás obras de remodelación

VILAXOÁN> Vilaxoán agarda que as obras do consultorio permitan reabrir o centro médico. Coa intervención adaptarase o consultorio ás medidas sanitarias impostas polo Sergas co inicio da campaña. A obra está financiada polo concello de Vilagarcía e a previsión é que se remate ao longo desta semana.

O consultorio de Vilaxoán leva pechado dende o inicio da pandemia. A pesar das reivindicacións veciñais, dende o Sergas non reabriron o centro ao considerar que non se adaptaba á normativa sanitaria. Para poder reabrilo eran necesarias unhas obras que a confraría puxo en marcha esta semana.

A intervención permitirá, entre outras medidas, modificar os accesos para que os pacientes de medicina xeral e os de enfermería non coincidan.

A obra estase levando a cabo grazas ao concello de Vilagarcía que é o que a financia. Dende Vilaxoán agardan que con esta obra o Sergas reabra un consultorio moi necesario para moita veciñanza.

As obras son de carácter menor, polo que se agarda que estean rematadas ao longo dos próximos días. Aínda así, se descoñece cando o Sergas reabrirá o centro médico vilaxoanés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí