CAMBADOS> Seguramente viron xa as imaxes a través das redes sociais. Falamos dun grupo de menores arrancando e tirando ó lixo os bancos LGTBI e contra o bullying de Cambados. Os rapaces xa foron identificados e agora o concello e as súas familias acordarán que medidas se adoptan. Entre elas, contémplase que teñan que coloca-los bancos no seu emprazamento.
Desta imaxe da inauguración dos bancos de apoio ó colectivo LGTBI e contra o bollying… a esta na que os tiran ao lixo… pasaron só unhas poucas horas. Os autores deste acto vandálico xa foron identificados, logo de que eles mesmos compartiran unha gravación nas súas redes sociais. Son 3 mozos de Vilanova, menores de idade. O Concello de Cambados avanza que non vai denuncia-los feitos nin recorrer a unha sanción económica. Estuda medidas exemplarizantes
Seica os autores destes feitos xa amosaron o seu arrpentimento. Con todo, o Concello vai manter unha xuntanza cos seus pais para consensua-lo “castigo”, que contempla tamén a reposición dos bancos.
Á alcaldesa tamén lle preocupan os comentarios que se fan na gravación, na que os menores ó tirar o banco LGTBI presumen de estar “limpando Cambados”. Fátima Abal cre que os mozos deberían recibir unha charla.
A rexedora entende que actos como os vividos esta fin de semana na vila demostran que o colectivo LGTBI sigue precisando visibilidade. Así e todo, celebra que moitos adolescentes do municipio e da comarca amosasen xa o seu rexeitamento a este tipo de actitudes.