A Xunta investirá 100.000 euros nos colexios de Meaño e Dena

    MEAÑO> O delegado da Xunta na Provincia, Xosé Manuel Cores Tourís, e o Xefe Superior de Educación, César Pérez visitaron este venres as instalacións do colexio As Covas, en Meaño, o cal se vai a beneficiar dunha subvención que permitirá facer diferentes reformas no centro durante a época estival, de cara ao novo curso que comezará en setembro. 

     

    Os anos non pasan en balde, e os colexios de As Covas, en Meaño, e o de Coirón, en Dena, precisan de reformas para mellorala calidade das súas instalacións. Por iso a Xunta investirá uns 100.000 euros entre os dous centros educativos. 

    Esta dotación de 50.000 euros para cada un dos centros xurde a raíz dun convenio asinado entre os 60 concellos da provincia e a Consellería de Educación. 

    Estas reformas, xunto con outras que se están a desenrolar nos centros da provincia veñen a apoiala mellora da calidade educativa en Pontevedra. 

     O delegado da Xunta en Pontevedra e o Xefe Superior de Educación estiveron acompañados no seu percorrido polas instalacións do centro da alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha e o director do colexio As Covas. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/23/visita_colexio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/23/visita_colexio.mp4{/flowplayer}