A Cantarela celebra o seu XXIX Outono Micolóxico

    VILAGARCÍA> Un completo programa de actividades organizadas por esta asociación que terán como cumio a Festa do Cogomelo, o día 11.

    {flowplayer}images/salnes/ActividadesCantarela_061112.flv{/flowplayer} 

    A piques de cumprir trinta anos o Outono Micolóxico organizado por A Cantarela permanece máis vivo ca nunca. Durante estes días e ata o 17 de novembro pode visitarse no auditorio unha completa mostra do mundo dos cogomelos. Fotografías, debuxos feitos por alumnos dos colexios vilagarciáns, maquetas, murais ou paneis informativos no que se explican as características dos diferentes tipos de cogomelos, cales son comestibles e cales tóxicos. Con todo, o Outono Micolóxico non se queda só nesta mostra.

    Ademais, durante toda esta de semana estanse a celebrar unha serie de charlas e conferencias que abordan a micoloxía dende diferentes puntos de vista. Todo para dar a coñecer un mundo tan apixoante como as veces perigoso.

    O Outono Micolóxico porá o peche o sábado 17 de novembro día no que se celebrará no restaurante Acebo a denominada Cea Micolóxica.

    Redacción Salnés