Cambados e Ribadumia recadarán fondos para as vítimas da violencia machista cunha andaina solidaria

CAMBADOS> Cambados e Ribadumia votaranse a andar para recadar fondos para as vítimas da violencia de xénero. A Asociación Esmar organiza unha andaina solidaria por ambos concellos o día 21 de novembro. O percorrido será de 10 quilómetros e as prazas están abertas sen límites a todos os interesados.

A asociación de axuda ás vítimas da violencia de xénero organiza todos os anos un festival para recadar fondos. Debido á pandemia e ás restricións, a asociación Esmar optou por organizar un evento nunhas condicións máis seguras como unha andaina solidaria. A carreira terá lugar o día 21 de novembro.

A andaina percorrerá os municipio de Cambados e Ribadumia cunha parada para avituallamento. Ambos concellos súmanse para mostrar o seu rexeitamento á violencia de xénero.

Ambos concellos inclúen esta actividade dentro da súa programación de actos en relación ao 25 de novembro, día mundial contra a violencia de xénero.

A andaina servirá para recadar fondos que irán destinados ás vítimas. A participación na carreira é ilimitada e para todos os públicos. Coa inscrición farase unha doazón de cinco euros.

Os organizadores resaltan a importancia de que tanto homes como mulleres participen nestas iniciativas para poder loitar coa violencia de xénero. Os inscritos recibirán o agasallo dunha camiseta. Aqueles que non poidan ou non queiran participar na andaina

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí