Deputación e Parque de Maquinaria non chegan a acordo

PONTEVEDRA> O conflito do parque de maquinaria parece lonxe de solucionarse. Esta mañá o encontro entre o deputado de mobilidade e os representantes dos traballadores rematou sen acordo. Para o sindicato, o goberno provincial non ten intención de dialogar. Para Uxío Benítez, non existe un conflito, e invitounos a solucionar os problemas a través da negociación colectiva.

 

Non houbo acordo entre o goberno provincial e os traballadores do parque de maquinaria. Trala reunión desta mañá, pouco mudaran as posicións.

Para a plantilla, a solución pasa por introducir novos conceptos nas nóminas dos traballadores que compensen a xornada intensiva que se lles asignou.

Na negativa do executivo, o sindicato ve intencións privatizadoras do servizo. Pola súa banda, ante esta proposta, Benítez remitiunos á negociación colectiva.

O diputado responsable do servizo recordou aos traballadores do parque a súa condición de funcionarios. Por iso lles pediu que se centren nas súas obrigas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/23/reunion_parque_maquinaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/23/reunion_parque_maquinaria.mp4{/flowplayer}