O PP cuestiona a legalidade de toda a candidatura do PSOE en Vilagarcía

    fole_louzan100_160707.jpgVILAGARCÍA > O presidente provincial do PP mailo responsable local en Vilagarcía cualifican de fraude a elección da nova alcaldesa

    … Os populares poñen en dúbida ademais toda a lista socialista e podería volver a preguntar á Xunta Electoral.

    O PP non quere pechar o episodio do caso León en Vilagarcía. Agora poñen en dúbida a legalidade de toda a lista presentada polo PSOE ós comicios municipais e meditan se volver a facer a consulta na Xunta Electoral Central. Ademais cualifican de fraude a elección da nova alcaldesa. Os populares aseguran que o PSOE coñecía antes do 27 de maio a situación de inelixibilidade de León, ‘xa que preguntaron na Xunta Electoral se podían presentar un Policía Local de candidato e lles contestaron que non’, afirmou Louzán, e polo tanto ‘actuou con premeditación e alevosía’.

    O PP só está disposto a pasar páxina para darlle estabilidade ó goberno local pero non quere deixar sen resolver as dúbidas que teñen agora sobre a legalidade da nova alcaldesa e de toda a lista do PSOE. Din incluso que deberían ser os socialistas os que fixeran esa pregunta en vez de botarlle a culpa ó PP da súa neglixencia. En caso de que as dúbidas dos populares se confirmasen, a saída sería a convocatoria de novas eleccións, aínda que Louzán veo pouco probable porque a competencia é do Consello de Ministros, que é do mesmo partido que o goberno de Vilagarcía .

    Redacción Salnés