27-X, xornada de balances post-electorais

PONTEVEDRA> Estes resultados están moi afastados dos que auguraban as enquisas. Tampouco na provincia de Pontevedra se cumpriron os vaticinios. Os populares melloran, aínda que non conseguen recuperar o cuarto deputado que perderan en decembro. PSOE e En Marea terán dous representantes no Congreso, mentres que BNG e Ciudadanos, quedan fóra. Hoxe, cos resultados sobre a mesa, foi xornada de balances.

 

O 26X deixou boas novas para o Partido Popular. A formación recuperou en Pontevedra nove mil votos; unha mellora insuficiente para contar co cuarto deputado perdido en decembro, pero garante que Ana Pastor, Irene Garrido e Pilar Rojo estarán no Congreso nesta lexislatura.

En Marea e Partido Socialista repiten a situación que se dera en decembro. Ambas formacións terán dous representantes en Madrid, co 25% e o 21 respectivamente. A marca galega de Podemos volve superar aos socialistas en número de votos, pero dende o PSOE celebran os resultados.

Alexandra Fernández e Ángela Rodríguez serán as representantes de En Marea. Polo PSOE, serán Dolores Galovart e Guillermo Meijón.

Peor trato das urnas recibiron Ciudadanos e BNG. Aínda que na provincia os de Albert Rivera superan aos nacionalistas, ningunha das dúas forzas conseguiu representación. Onte o BNG volveu rexistrar un mínimos histórico, con pouco máis de 16.500 votos.

En O Salnés, os populares remontaron en toda a comarca. De feito, foron a forza máis votada en todos os concellos, coas excepcións de O Grove, onde se impuxo En Marea, e A Illa, no que resistiu o PSOE. En Meaño e en Vilanova, os populares rexistraron as maiorías absoluta máis folgadas, superando o 54% dos votos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/27/eleccions_pontevedra_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/27/eleccions_pontevedra_salnes.mp4{/flowplayer}