As Visitas Cruzadas baixan o telón con dous guías da sétima arte

Pontevedra> Gran éxito de acollida das derradeiras visitas cruzadas deste 2018. Os cineastas Margarita Ledo e Xacio Baño foron os encargados de pechar o telón desta segunda edición destas visitas que organizan dende o Departamento de Cultura da Deputación Provincial. O deputado desta área xa confirmou que haberá unha terceira edición desta iniciativa, que o vindeiro ano chegará con novos matices.

En apenas 5 minutos quedaron esgotadas as entradas para asistir, de balde, as visitas cruzadas protagonizadas por Margarita Ledo e Xacio Baño. Dous persoeiros do mundo da cultura que centraron esta visitas na súa area, no mundo do cinema.

Margarita Ledo centrouse en dous aspectos que para ela son fundamentais, nas pesonaxes femininas e nas paisaxes.

Xacio Baño percorreu o museo centrándose en tres pezas e dándolle un protagonismo especial á relación da luz coa escuridade.

Ambos cineastas cualificaron moi positivamente esta iniciativa.

E non foron os únicos, o deputado da área de Cultura tamén fixo un balance máis que positivo desta actividade.

E o público como sempre encantado con esta iniciativa.

Dos 4 domingos de Visitas Cruzadas deste 2018 estas mulleres conseguiron asistir a tres destas visitas, a clave, madrugar e ás 8 en punto da mañá inscribirse a través da páxina da Deputación.

Unha visitas que volverán no vindeiro 2019, tralo éxito deste ano Leal ten claro que se repetirá esta experiencia pero con novos matices que darán a coñecer cando chegue o momento. Mentres tanto, tal e como dixo o Deputado de Cultura, visiten o museo e toda a súa arte, et tenten facer vostedes mesmos a súa propia Visita Cruzada.