PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou na última semana un borrador da nova ordenanza de mobilidade. Nel, incluíuse a limitación temporal para o uso das prazas de estacionamento reservadas a persoas con mobilidade reducida. Unha medida que levantou xa as críticas da asociación Amizade.
O Concello de Pontevedra quere limitar o uso destas prazas de estacionamento. Así quedou reflectido no borrador da nova ordenanza de mobilidade. Unha medida rexeitada pola Asociación Amizade ao considerar que vai en contra da integración social e da normalización deste colectivo.
Dende a Asociación Amizade cren que o obxectivo principal desta medida é controlar o uso fraudulento destas tarxetas de estacionamento. Sen embargo, o colectivo pontevedrés defende que a mellor opción é a intensificación e o incremento das sancións.
Paulo Fontán remarca a importancia de tomar medidas que faciliten o estacionamento de vehículos de persoas con mobilidade reducida. E dentro destas medidas está tamén o deseño destas prazas, xa que algunhas delas non cumpren coas características axeitadas.
A Asociación Amizade manterá nas vindeiras semanas unha reunión co alcalde. Nela, trasladarase o rexeitamento a esta nova medida co obxectivo de poder chegar a un acordo.