Pontevedra e Cataluña intercambian coñecementos na xestión de residuos

PONTEVEDRA> Intercambiar experiencias sobre a compostaxe. Este é o obxectivo da visita que a Agència de Residuos de Catanlunya está a facer a Pontevedra. O equipo catalán busca coñecer o modelo de compostaxe local do Plan Revitaliza. Pola súa banda, a intención da Deputación de Pontevedra é, entre outras, aprender do modelo de recollida porta a porta para unha recollida selectiva eficiente de refugallos.

Cataluña é un dos territorios do estado que xestiona de xeito máis eficiente os seus residuos, e estes días unha representación da Agència de Residus de Catalunya está a visitar Pontevedra para coñecer as distintas experiencias enmarcadas no Plan Revitaliza.

Chama especialmente a atención da delegación catalá o modelo de compostaxe local de kilómetro cero do plan da Deputación. Por iso queren coñecer de preto o seu funcionamento tanto en concellos grandes como pequenos, para importalo ao seu territorio.

Pola súa banda, dende o Plan Revitaliza pontevedrés amosaron especial interese polo sistema de recollida porta a porta que se aplica en Cataluña, que permite realizar unha recollida selectiva de alta eficiencia.

A intención da Deputación de Pontevedra é que o persoal do plan poida visitar tamén Cataluña próximamente para coñecer o funcionamento do seu sistema sobre o terreo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí