CAMBADOS> Parece que Cambados tardará en ter unha Praza de Abastos en condicións, aínda que opte por reformala. Así se desprende das impresións do cuatripartito de Cambados, despois da reunión que o concello mantivo este luns, con Portos de Galicia.
O concello de Cambados e Portos de Galicia mantiveron unha reunión para determinar cal será o proceder para dotar dunha nova Praza de Abastos a vila. Un feito que polo que parece non vai a ser inminente.
Un procedemento administrativo que pode durar entre 5 meses e un ano.
O concello ten dúas opcións; reformar a praza actual ou construír unha nova. En calquera dos dous casos non poderá levarse a cabo ata que este disposto o novo documento.
Nesta situación o que parece pouco probable é que Cambados poida contar cunhas novas instalacións para a súa Praza de Abastos, antes de que remate o ano. Aínda así, Victor Caamaño afirmou que dende o goberno actual da vila non van a abandonar este proxecto, e seguirán a traballar para que sea unha realidade o ante posible.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/praza_abastos_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/praza_abastos_cambados.mp4{/flowplayer}