A ruptura na Deputación en Lugo non afectará ao bipartido en Pontevedra

PONTEVEDRA> A ruptura do pacto de goberno entre BNG e PSOE na Deputación de Lugo non afectará á institución provincial pontevedresa. As dúas formacións amosáronse moi satisfeitas co funcionamento deste bipartito, que se está a cinguir ao recollido no pacto de goberno que asinaron ao inicio do mandato. 

 

Nin Partido Socialista nin BNG temen pola continuidade do seu pacto de goberno na Deputación de Pontevedra. Dende a administración provincial non temen que a ruptura do acordo en Lugo lles afecte.

As alarmas saltaron tralas declaracións de Bieito Lobeira, responsable de Organización do BNG, nas que aseguraba que revisarían os pactos de goberno cos socialistas trala ruptura en Lugo. 

Mosquera insistiu en que na Deputación de Pontevedra non existe ningún problema cos seus socios socialistas, e asegurou que a xestión se está a cinguir ao recollido no pacto de goberno asinado ao inicio do mandato. Unha boa sintonía que tamén resalta o PSdeG.

Diferente é a visión do Partido Popular. A formación pon en dúbida esta boa relación, destacan que o bipartito funciona con gabinetes independentes e acúsanos de levar meses xogando ao gato e o rato. Por iso, insisten, nin a relación sería tan boa de portas cara adentro nin o BNG estaría tan cómodo como aseguran, debido ao peso que, presuntamente, tería o alcalde de Vigo Abel Caballero nas decisións que se toman en Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/29/situacion_acordo_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/29/situacion_acordo_deputacion.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí