María Victoria Moreno xa ten a súa rúa na Boa Vila

Pontevedra.  María Victoria Moreno xa conta dende hoxe coa súa rúa oficial en Pontevedra. O franquista Fernández Ladreda deixa de ter o nome dunha rúa na Boa Vila, no seu lugar Moreno deixa a súa pegada construíndo, tal e como se dixo esta mañá, unha Pontevedra en feminino. Nun acto onde o alcalde deixou claro que, con este cambio, se pon  luz onte antes había sombras e se pinta de violeta o que antes era gris.

Con música así comezou o acto do nomeamento da rúa María Victoria Moreno por Fernández Ladreda. Un acto que facilita que Pontevedra se vaia convertendo nunha cidade en feminino.

Un acto onde alumnas no IES Torrente Ballester, onde deu clase María Victoria Moreno, fixeron lectura dos textos desta escritora pontevedresa de corazón.

A filla de María Victoria Moreno deu as grazas ao concello por todas as actividades que está realizando ao longo destes meses, á oposición por apoiar o cambio do nome de rúa  e a cidadanía por amosar tanto cariño cara a súa nai.

Un día, que tal e como dixo o alcalde, se celebra como a María Victoria Moreno lle gustaría, con sorrisos, abrazos e con moita humanidade.

María Victoria Moreno xa conta coa súa rúa, una das arterias principais de Campolongo, quedan por diante moitos actos en homenaxe a esta pontevedresa de corazón. O desta mañá rematou como non podía ser doutro xeito con música.