Goyo Revenga presentará alegacións ante a apertura de expediente disciplinario contra el

PONTEVEDRA> Goyo Revenga reafírmase na súa decisión de apoiar os presupostos do BNG e o PSOE. Tras a determinación de Cidadáns de abrir un expediente disciplinario contra el, o portavoz da agrupación laranxa en Pontevedra aseguraba hoxe ante as nosas cámaras que volvería a facer o mesmo. Revenga asegura que o seu voto estivo moi meditado e considera que era o mellor para os veciños da Boa Vila.

Así xustificaba esta mañá o portavoz da Cidadáns en Pontevedra a súa decisión de apoiar os presupostos do BNG e o PSOE. Unha decisión que derivou nunha apertura de expediente disciplinario contra el. A pesares disto, Goyo Revenga segue defendendo a súa posición e asegura que fixo o correcto polos veciños da Boa Vila.

Goyo Revenga reafírmase na súa decisión e recorda que grazas ao acordo co bipartito, conseguíronse aprobar 4 emendas valoradas en medio millón de euros.

Tras a decisión de Cidadáns, Revenga conta agora con 10 días para presentar as alegacións.

Unha vez presentadas as alegacións, a agrupación laranxa terá 6 meses para resolver o caso. E aínda que Goyo Revenga asegura que non quere pensar no futuro, o certo é que caben tres posibilidades. Continuar como portavoz de Cidadáns en Pontevedra, abandonar a corporación pero seguir como concelleiro non adscrito ou ben dimitir e deixar a súa acta a un novo voceiro municipal.