O almacén da antiga Pontesa non tiña licenza de actividade nin medidas de seguridade

PONTEVEDRA> Os labores de extinción do incendio que onte se declarou na antiga nave da Pontesa, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, continuaron hoxe. Os bombeiros continuaron traballando sobre o terreo para extinguir o lume, que xa está controlado. Dende o concello aseguran que a actividade de almacenaxe que se fai na antiga fábrica non tiña nin licenza de actividade nin medidas mínimas de seguridade.

Controlado o incendio que onte se declaraba na antiga fábrica da Pontesa, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio.

Os labores de control das lapas non foron tarefa fácil. Explican dende o concello que o que se atoparon os efectivos de emerxencias ao chegar foi un auténtico polvorín.

O incendio deixou unha persoa ferida de gravidade, un dos operarios que traballaban na nave. Dende o concello explican que puido ser moito peor. As lapas afectaron ás montañas de gran, cereais e pipas de xirasol que se almacenaban na nave. Segundo Vilaverde, poderían acadar os 10 metros de alto e 15 de ancho. Ao arder, fixeron incluso estourar a uralita da cuberta.

Hoxe a xunta de goberno do concello de Ponteverda ordeou o cese inmediato da actividade na Pontesa. Tamén se porá en marcha un expediente de reposición da legalidade.

Os servizos xurídicos municipais están a estudar a que administración corresponde iniciar o expediente sancionador, tendo en conta que a nave está en terreos de protección marítimo terrestre. Ademais, a policía xudicial xa traballa para atopar as causas do lume.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí