Presentada a sexta edición do Pequebasket de Porto do Son

PORTO DO SON> A actividade, organizada polo Club de Baloncesto Porto do Son, en colaboración co Concello, desenvolverase os días 2 e 3 de xuño no pavillón David Vidal de Portosín e nas pistas anexas. Ó redor duns 50 equipos chegados dende diferentes puntos de Galicia participarán nesta sexta edición do PequeBasquet que organiza o Club de Baloncesto Porto do Son en colaboración co Concello. A actividade, que irá dirixida ás categorías de babybasket, preminibasket e minibasket, non te un carácter competitivo, primándose outros valores. Dende a concellería de Deportes sonense, que xunto coa Federación Galega de Baloncesto, colabora con esta iniciativa, destacouse o labor do club local de baloncesto, así como tamén a importancia deste torneo que traerá importantes beneficios para o municipio xa que serán moitas as persoas que se achegarán ata o Concello esa fin de semana.