Calidade e internacionalización, temas centrais no VI Foro do Albariño

    MEIS> A Asociación de Adegas do Salnés e Adegas Terra de Asorei ultiman os preparativos para a sexta edición do Foro do Albariño. Desta volta, a calidade e a competitividade centrarán o contido da mesa redonda, na procura das claves para saír fortalecidos trala crise económica.

     

    Calidade para a competitividade. Este será o epígrafe que este ano englobe o contido do Foro do Albariño. Por sexto ano, a Asociación de Adegas do Salnés e Adegas Terras de Asorei organizan esta cita, que aborda a importancia do sector do albariño no noso entorno.

    Sistemas informáticos que facilitan a trazabilidade dos produtos, a xestión da calidade dende unha adega e a explicación do selo Galicia Calidade ou dar conta do plan estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia, son os temas que forman a mesa redonda. Nela participarán poñentes de primeira liña, destacando a importancia do traballo homologado nos mercados internacionais.

    A calidade é unha das apostas de Terras de Asorei. Algo no que profundizaron en xaneiro deste ano.

    A adega tampouco deixa de lado a internacionalización. De feito, os seus viños xa están dispoñibles en dez países, aos que este mes se sumou Rusia.

    Este ano Adegas Terras de Asorei embotellou máis de 300 mil botellas.

    O celebrarase no Pazo Ulloa, de Cambados, e a asistencia é gratuíta. Iso si, os interesados deberán inscribirse previamente poñéndose en contacto con Adegas Terras de Asorei.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/ptac_vi_foro_albarino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/ptac_vi_foro_albarino.mp4{/flowplayer}