Ana Peleteiro deberá por quirófano debido a unha lesión de ligamentos

Ribeira> Ana Peleteiro leva xa tres meses con molestias na súa perna esquerda, pero foi a principios desta semana cando, despois de facer unha probas, os médicos comunicáronlle a gravidade da lesión. Estas molestias foron as que lle impediron render ó seu nivel no Mundial Júnior en Estados Unidos e a dor regresou ca volta dos adestramentos, despois de pasar o mes de Agosto de vacacións ca súa familia. Os traumatólogos da Federación de Atletismo están levando a súa lesión e serán eles os que poñan data a súa operación. As consecuencias desta operación faranlle perder toda a tempada de pista cuberta e practicamente toda a de aire libre, como moito podería chegar ó Nacional. Aínda así, esta intervención non a parará para a tempada 2015/16 coa meta posta nos xogos olímpicos de Río de Xaneiro.