Douscentos mozos participarán este verán no programa de voluntariado ambiental

    RIBEIRA>As directoras de Conservación da Natureza e de Xuventude, Ana María Díaz e Cecilia Vázquez, respectivamente, presentaron en Ribeira o novo programa de voluntariado ambiental que se desenvolverá este verán na Rede Galega de Parques Naturais. No dito programa tomarán parte ó redor duns douscentos mozos de idades comprendidas entre os dezaoito e trinta anos. A elección de Ribeira para presentar o novo programa da Xunta de voluntariado ambiental que se desenvolverá este verán non foi o chou, xa que este concello será o único municipio en toda Galicia que disporá tanto dun campo de traballo como das propias actividades do programa de voluntariado no Parque Natural de Corrubedo. Dúas das principais accións a realizar este ano grazas á colaboración dos dous departamentos autonómicos. No programa tomarán parte este ano ó redor duns douscentos mozos, incluíndo os dous campos de traballo e as xornadas de voluntariado. Tempo no que realizarán labores de conservación da natureza, de protección da paisaxe e tamén de identificación e coñecemento da flora e da fauna.