Rías Baixas cualifica como ‘moi boa’ a súa anada 2015

    SALNÉS> A anada 2015 do albariño Rías Baixas conseguiu a calificación de “moi boa”. Unha mellora na produción que se debe en gran parte ás boas condicións meteorolóxicas que se deron durante o ciclo. A decisión do Consello Regulador foi anunciada onte en Madrid.

     

    A anada 2015 do albariño Rías Baixas é moi boa. Así o determinou o Consello Regulador da Denominación de Orixe tras escoitar os diferentes informes.

    E a decisión final foi recibida cos brazos abertos pola Denominación de Orixe. A cualificación supera á do 2014, cando a anada foi considerada como boa.

    Non é a primeira etiqueta ‘moi boa’ que conseguen os Rías Baixas. En 1988, 1990, as que foron entre 1994 e 1997, a de 2003 e dende 2009 ata 2013 tiveron tamén esta consideración. 

    O ano pasado foi a terceira maior colleita da historia da Denominación de Orixe. Recolléronse 32 millóns de quilos de uva, que foron máis de 20 millóns de litros de viño; uns caldos aromáticos e perfectos para a garda.

    Tras esta boa nova, o Consello Regulador xa pensa na colleita deste ano, despois de superar as dificultades do último mes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/anada_rias_baixas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/anada_rias_baixas.mp4{/flowplayer}