Ribeira será sé do Campionato de Media Maratón de Galicia

    RIBEIRA> Por primeira vez, o campionato de Media Maratón de Galicia recala no Barbanza. Será no concello de Ribeira o domingo día 10. O itinerario componse de dous treitos: un percorrido pola costa entre Aguiño e Ribeira e un circuíto de dúas voltas polo casco urbano. Os atletas tomarán a saída ás dez da mañá dende o porto de Aguiño para percorrer un primeiro treito de seis quilómetros pola costa ata o núcleo urbano de Ribeira onde completarán dúas voltas dun circuíto de sete quilómetros e medio. Os mellores atletas galegos daranse cita nesta proba; entre eles Pedro Nimo gañador da pasada edición que xa confirmou a súa participación O alcalde de Ribeira quixo agradecer á federación galega de atletismo a confianza depositada no concello para a organización desta proba así como ós patrocinadores privados, Frinsa e Coca cola, que fan posible a súa realización. Os interesados en participar poden inscribirse ata o mércores día seis na web carreirasgalegas.com.