O INEGA promove as vantaxes da apliación da biomasa na industria conserveira

    RIBEIRA> Ribeira acolleu o desenvolvemento dunhas xornadas promovidas polo Inega nas que se informou ó sector da conserva da comarca das vantaxes do emprego da biomasa con fins térmicos. No acto tomaron parte os conselleiros de Industria e do Mar, Francisco Conde e Rosa Quintana, respectivamente. Á mesa de traballo organizada polo Inega foron convidados representantes do sector conserveiro da comarca, unha industria con gran puxanza no Barbanza. Nela analizáronse as vantaxes da biomasa con fins térmicos no sector conserveiro e as súas potencialidades á hora de aforrar custos a través da redución do consumo de combustibles fósiles e da mellora da eficiencia enerxética. Dende a Xunta animouse ás empresas da industria conserveira a apostar pola utilización desta enerxía renovable e limpa, para a que existen ademais importantes axudas dende a Administración para a súa instalación.