O alcalde de Pobra multado por non ter asegurado o seu vehículo

    POBRA> O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, multado por carecer de seguro no seu vehículo. Ó parecer levaba máis dun ano con el caducado.

     

     Resulta estraño e non deixa de ser chamativo que o alcalde do municipio, aquel que debe velar polo cumprimento das normas e sancionar a tódolos infractores que cometan vulneración das normas de circulación en vías urbanas acabe sendo multado. Nesta caso, por non ter no seu vehículo o seguro obrigatorio. Ó parecer xa levaba sen el máis dun ano. A multa podería ascender a uns oitocentos euros. Aínda que a denuncia da Policía Local parte de finais de setembro, non existía ata o de agora un coñecemento público da mesma, polo que, nada máis coñecerse, correu coma unha bomba por todo o municipio. Na rúa, nos parques e nos bares, non se fala xa doutra cousa… Os grupos da oposición tamén fixeron alusión ó sucedido. Para eles trátase dun feito grave. Fontes desta redacción intentaron sen éxito poñerse en contacto co alcalde para coñecer cal era a súa versión do acontecido. Polo de agora non hai resposta.