Boiro Novo pide un plan de mobilidade urbana para promover o uso da bicicleta

    BOIRO> A construción de novos tramos de carril bici e o arranxo de instalacións deportivas municipais, son as peticións que Boiro Novo presentará nunha moción ao goberno municipal no pleno do vindeiro xoves. O Concello de Boiro foi pioneiro na comarca en planificar e executar a construción de carrís bici dentro do municipio, coa fin de promover o transporte alternativo. Pero desde Boiro Novo dín non entender porqué o goberno actual non habilitou no últimos cinco anos ningún metro neste eido. Por iso pedirán no vindeiro pleno a elaboración dun plan de mobilidade urbana que permita a comunicación en bicicleta entre os núcleos máis importantes do municipio. Na moción que van presentar tamén se inclúe un punto no que esixen unha reparación urxente da escaleira e columnas que sosteñen o pavillón municipal de Barraña. O seu estado causa, segundo afirman, graves problemas de seguridade para os ususarios.