O PSdeG propón reforzar as contratacións para reducir as listas de agarda no Hospital do Barbanza

RIBEIRA> O Partido Socialista denuncia a falla de persoal e as deficiencias nas instalacións do hospital do Barbanza. O seu compromiso electoral apunta a unha mellora na xestión para reducir as listas de espera e incrementar o número de profesionais.

A candidata socialista, María Outeiral, acompañada doutros membros do partido presentaba esta mañá algunhas das medidas do seu programa en materia sanitaria. Dende o PSdeG denuncian a situación do hospital do Barbanza con importantes deficiencias nas súas instalacións, referidas principalmente a falla de espazo e problemas de humidades e filtracións.

Á marxe das eivas materiais denuncian que o principal problema vén derivado da falla de persoal que se traduce nas listas de agarda máis longas de Galicia.

Ademais de comprometerse a incrementar as contratacións, non só de especialista senón tamén en atención primaria, apostan por mellorar as condicións laborais dos médicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí