Os peiraos da ría de Arousa recibiron máis de 200 embarcacións en tránsito

    Os peiraos da ría de Arousa recibiron máis de 200 embarcacións en tránsito durante o primeiro semestre do ano. Unha cifra que aumenta nun 40% o tránsito nesta zona con respecto ao mesmo período, no anterior. 

     

    Os portos galegos da ría de Arousa recibiron uns 200 barcos en tránsito durante o primeiro semestre do ano. Así o afirmou, este luns, o presidente de Portos de Galicia, nunha visita ao peirao de Vilanova. 

    En canto ao conxunto dos peiraos galegos, estes superaron nos seis primeiros meses do ano as cifras de tránsitos do ano anterior nun 9%. Un datos positivos, segundo José Juan Duran. 

    As procedencias destas embarcacións en tránsito, son maioritariamente estranxeiras, sobre todo, francesas e británicas. 

     

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/11/portos_vilanova_transito_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/11/portos_vilanova_transito.mp4{/flowplayer}