POIO> O concello de Poio lanza a campaña Festas de Poio Seguras para dotar de puntos morados todos os festexos da vila. A intención é protexer a calquera muller en caso de agresión sexual e informar sobre todos os recursos cos que contan no concello de Poio en caso de sufrir violencia machista. A campaña compleméntanse con materiais nos que se inclúen frases e consellos para que os homes tamén se dean conta se están a ter un comportamento machista.
O concello de Poio incluíu no seu cuarto plan de igualdade un área estratéxica contra a violencia machista. Dentro desta área, contémplanse unha medida para incrementar os programas de sensibilización e prevención das agresións machistas nos espazos festivos. Poñendo en funcionamento esta medida, o concello presenta a campaña FPS.
Para iso, o concello disporá en todas as súas festas municipais dun punto morado. Nel atenderase a calquera muller que sufra unha agresión sexual e tamén se dará información sobre os recursos cos que conta o concello para enfrontarse a violencia machista.
De feito, a información sobre as actuacións a seguir no caso de sufrir violencia machista son as máis demandadas nos puntos morados.
A campaña tamén inclúe a utilización de materiais reutilizables para coidar o medio ambiente. Estes materiais contarán con mensaxes para que os homes tamén se dean conta se están a ter comportamentos machistas.
Dende o CIM e o concello de Poio queren con esta campaña que as mulleres deixen de sufrir agresións sexuais ou calquera tipo de comportamento machista nas súas festas. O primeiro evento no que se iniciará a campaña FPS será nas festas de San Xoán durante a fin de semana.