VILAGARCÍA> Unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra, da a razón ao recurso interposto por un condutor, que anularía todas as multas feitas polos dous foto roxos, que operan en Vilagarcía, dende o concello afirman que aínda non lles foi comunicada.
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra ven de dar a razón a un recurso interposto por un condutor, que en maio de 2015 saltouse un semáforo en vermello, nunha coñecida rúa de Vilagarcía. A sentenza admite que o “foto roxo” non foi revisado coa periodicidade necesaria. Unha afirmación a que dende o concello responden, que ha normativa di que esas revisións non son periódicas.
Dende o goberno local afirman que non teñen coñecemento, polo de agora, da sentenza e que esperan a súa comunicación para que os servizos xurídicos do concello para determinar as medidas a adoptar.
O goberno de Vilagarcía lembra que as cámaras instaláronse para garantir a seguridade dos peóns e que saltar un semáforo é unha infracción sancionable,
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/11/multas_semaforo_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/11/multas_semaforo_villa.mp4{/flowplayer}