CAMBADOS> Cambados será este ano o punto de saída da Conmemoración da Translatio. O sábado 23 de xullo dous catamaráns partirán do porto de Tragove cara Padrón. A viaxe está organizada pola Fundación da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, e busca recrear o camiño que seguiu a barca cos restos do Apóstolo Santiago na súa chegada a Galicia.
Segundo a tradición católica, antes de chegar a Santiago de Compostela os restos do Apóstolo viaxaron en barca dende Palestina ata Iria Flavia. Este percorrido coñécese como Translatio, e na actualidade é unha das Rutas Xacobeas. No seu trixésimo segundo aniversario, a Fundación da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla escolleu Tragove como punto de partida.
Dous catamaráns sairán do porto de Tragove ás catro e cuarto da tarde. A viaxe será gratuíta, e os que participen poderán gozar dun traxecto cargado de historia, patrimonio e paisaxe.
O aforo ronda as 100 prazas. Os interesados deberán inscribirse na Oficina de Turismo de Cambados.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/12/ptac_ruta_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/12/ptac_ruta_cambados.mp4{/flowplayer}