Sanxenxo e Costas invisten 90 mil euros renovación do Paseo dos Barcos

SANXENXO> Sanxenxo e Portos de Galicia melloran a fachada marítima da vila. A actuación que están levando acabo permitirá renovar e envellecer o Paseo dos Barcos. Terá un custo de 90 mil euros e afectará tanto á pasarela como a estrutura.

O concello de Sanxenxo e Portos de Galicia traballan en común para mellorar o aspecto da vila de cara a época estival. Ambas entidades están levando a cabo un proxecto para renovar o Paseo dos Barcos da Vila. A obra ten un custo de 90 mil euros e inclúe a renovación da pasarela e da parte da estrutura.

O proxecto, executado pola concelleira de urbanismo Flavia Besada, inclúe zonas de descanso renovadas e novos elementos axardinados, incluíndo 30 novas xardineiras metálicas que se intercalarán entre 35 bancos de granito.

Aproveitando a visita, a presidenta de portos de Galicia e o alcalde mantiveron un encontro de traballo cos mariñeiros de Sanxenxo para tratar a organización da pesca na zona.

Ambas entidades mostráronse dispostas a continuar traballando en común para realizar máis melloras na vila. As obras da pasarela, agárdanse que se rematen ao longo do mes de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí