Albarousa pecha a súa porta cun homenaxe ó seu organizador

    albarousa_copia100.jpgVILAGARCÍA> Nesta 29ª edición sete adegas foron as elixidas como mellores caldos do 2009, nunha emotiva celebración para Antonio Neira.

    {flowplayer}images/salnes/repor_albarousa.flv{/flowplayer}

    Sete foron as adegas elixidas entre máis de cen participantes para recibir os premios de “Albarousa 2009”. Os gañadores do mellor deseño de botella foron para “Davide” e o galardón do mellor deseño de etiqueta para Coba Ferodia. O momento máis esperado chegou coa entrega dos trofeos. Os caldos elixidos como “Añada Excelente” foron para as adegas Dona Rosa e Bouza do Rei.

    Na categoría de “ Albariño 2009 excelente” as adegas premiadas foron tres: Casal Caeiro, Baldemor e Albamar.

    Para rematar esta edición as asociacións implicadas en albarousa non quixeron perder a oportunidade para homenaxear a Antonio Neira que se retira da organización. O club de Remo de Vilaxoan entregoulle unha replica dun remo en miniatura, os membros da asociación “Coneles” fixéronlle entrega dun obsequio, os membros da organización do evento destacaron o traballo de Neira cunha placa conmemorativa que lle entregou o seu fillo Rubén Neira. Para rematar a alcaldesa de Vilagarcía colocoulle a insignia de Ouro do Concello.

    Redacción Salnés