A Deputación da Coruña destina dous millóns de euros a entidades sen ánimo de lucro

    BARBANZA> A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade e de Xénero da Deputación da Coruña, que dirixe a nacionalista Ánxela Franco, vén de facer pública as resolucións polas que se aproban as subvencións a entidades sen fins de lucro, por un importe total de case dous millóns de euros, nas catro convocatorias. Deste total de preto de dous millóns de euros, a partida máis importante, con máis dun millón de euros, irá precisamente para a liña destinada a entidades sen fins de lucro para sufragar programas de servizos sociais entre os que se atopan, mantementos de vivendas con apoio, actividades de prevención de drogodependencia, apoio a transportes adaptados ou a talleres ocupacionais. A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade e de Xénero da Deputación da Coruña, que dirixe a nacionalista Ánxela Franco, tamén habbilitou unha liña de axudas destinada a investimentos, con preto dos catrocentos mil euros. Outra das convocatorias, co obxectivo de manter os programas sociosanitarios dotada con máis de trescentos mil euros e unha última para o mantemento de políticas de igualdade de oportunidades e loita contra a violencia de xénero cun importe total de 182 mil euros.