Ramiro Ouviña repite como candidato do BNG á alcaldía da Pobra

POBRA> O BNG da Pobra acordou por unanimidade que Ramiro Ouviña volva encabezar a lista electoral de cara ás municipais do próximo ano.

Este nomeamento supón para Ouviña un reto ilusionante que asume coa firma convicción de chegar a gobernar.

Nestes case catro anos na oposición como voceiro nacionalista, Ouviña fai un balance moi negativo da xestión municipal caracterizada pola parálise do concello.