Arousa Norte volverá a apostar este verán polos ‘Vermús Musicais’

BARBANZA> Xunto ó Circuíto de Carreiras Populares ‘4 Carreiras 1 Meta’ serán dúas das actividades incluídas na programación da entidade para a época estival. Por terceiro ano consecutivo Arousa Norte volverá a apostar este verán polo desenvolvemento de dúas iniciativas que contan co respaldo maioritario do público. Trátase de dúas accións consolidadas. Por unha banda a celebración dos ‘Vemús Musicais’ co que se consigue que as rúas dos catro concellos de Arousa Norte durante o mes de agosto se enchan de música en vivo. Ademais dun atractivo turístico a iniciativa serve tamén de dinamizador económico xa que se fai partícipes do proxecto ó sector hostaleiro. A outra das acción s a desenvolver será a disputa novamente do Circuíto Catro Carreiras e unha meta. Unha actividade organizada polas concellerías de Deportes de cada Concello. A Mancomunidade prevé tamén á realización, grazas a un convenio que se asinará en breve coa Axencia de Turismo de Galicia, da I Regata Volta a Ons –Trofeo Arousa Norte prevista para o próximo 18 de agosto. No pleno desta mañá acordouse tamén que que a entidade participará cun stand propio na feita de turismo Intur que se celebra en Valladolid do 22 ó 25 de novembro, e terá puntos de información nas feiras de turismo náutico Grand Pavois de La Rochelle, do 26 de setembro ó 1 de outubro e no Salón Náutico de París, do 2 ó 10 de decembro.