Constituída a Mesa Local de Coordinación fronte á Violencia de Xénero en Lousame

    LOUSAME> A primeira xuntanza deste órgano estivo presidida pola alcaldesa, Teresa Villaverde, e a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, María Belén Liste Lázara. A subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, María Belén Liste Lázara, e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, presidiron esta mañá o acto de constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame. Trátase dun instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero co obxectivo de procurar unha maior eficiencia na resposta contra esta lacra social. Un aspecto este, o da coordinación que tamén foi resaltado na súa intervención pola subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero. A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame reunirase de xeito ordinario semestralmente, se ben cabe a posibilidade de convocatorias extraordinarias ante situacións de emerxencia.