BOIRO> Non saíu adiante a proposta de orzamentos do goberno boirense nin a aprobación dunha partida para o pago das facturas pendentes. Os grupos da oposición non apoiaron estes puntos alegando a falla de rigor por presentar estes documentos a dous meses das eleccións.
O executivo de Boiro non logrou sacar adiante a súa proposta de orzamentos que ascendía a 15 millóns e medio de euros.
Os grupos da oposición, PP, BNG e ICBoiro, votaron en contra afeando ó executivo que pretenda aporbar as contas a dous meses das eleccións municipais condicionando ó goberno resultante das urnas.
Precisamente, ese argumento pero en clave positiva foi o esgrimido polos membros do goberno posto que a celebración das eleccións suporá unha demora na tramitación administrativa dos orzamentos.
Tampouco saíu adiante, esta vez coa absteción do BNG e os votos en contra de PP e ICBoiro, a aprobación dun crédito de máis de dous millóns de euros con cargo ó remanente de tesourería para aboar as facturas que quedaron pendentes de pago en 2022.