Veciños da Pobra concéntrase para denunciar a ausencia de pediatra

    POBRA> Decenas de veciños da Pobra concentráronse ás portas do seu centro de saúde. Convocados polo goberno municipal, o motivo da protesta era, unha vez máis, a denuncia da ausencia de servizo de pediatría no concello durante as vacacións de verán do único profesional do centro. Unha semana despois de que o BNG da Pobra denunciase publicamente a ausencia do servizo de pediatría no centro de saúde do concello durante as vacacións do titular, o goberno local facía o mesmo este luns. Convocada por Nós Pobra, a concentración ante o Centro pobrense, serviu tamén para recompilar masivamente follas de reclamacións de Atención ao Paciente. O alcalde asegurou que na Consellería de Sanidade ten boa conta xa da situación que están padecendo. Para o concello aumentar o número de prazas de Pediatría sería unha das posibles solucións. Os convocantes subliñaron o prexuízo que supón para os veciños da Pobra ter que trasladarse aos concellos limítrofes para poder levar aos seus pequenos ao médico durante o verán.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí