Innove Eventos asume oficialmente a xerencia da Mancomunidade Arousa Norte

    BOIRO> Cambio na xerencia da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. No pleno da entidade celebrado este martes procedíase a adxudicación definitiva do contrato da xerencia que será asumido de xeito inmediato pola empresa Innove Eventos. Un dos puntos de maior relevancia no pleno da mancomunidade era a adxudicación definitiva do contrato da nova xerencia á empresa Innove Eventos que substituirá á firma Promove Consultoría, que veu desenvolvendo esta tarefa nos últimos anos. Será por un período dun ano, prorrogable a nove meses máis. A sesión serviu ademais para abordar outros asuntos de interese para a entidade supramunicipal. Así aproveitouse para darlle a coñecer ós alcaldes a nova ‘Guía de Visitas’, publicación que recolle os principais atractivos dos concellos que integran a Mancomunidade. Tamén se deu conta dunha nova iniciativa que pretende levar adiante a entidade, como é o caso dos Vermús Mariñeiros.