Porto do Son recupera os eventos deportivos co Xtosín Trail

PORTO DO SON> Esta mañá presentábase en Porto do Son a Portosín Trail. A proba terá lugar o domingo 13 de xuño. As inscricións na carreira, que organiza a asociación Arousa NeO en colaboración co Concello, estarán abertas a partir deste domingo a través da web: www.arousa.com

A mellora da situación epidemeolóxica foi unha das razóns que levou ó concello sonense a volver a recuperar esta cita deportiva que realiza da man da asociación Arousa NeO. Terá lugar o domingo 13 de xuño e disputarase baixo estritas medidas de seguridade.

Dende Arousa NeO confían en que a proba sirva para ir recuperando unha certa normalidade. Sairase dende o porto, ás dez da mañá, cun percorrido de algo máis de catorce quilómetros.

Para un bo desenvolvemento da proba, e a efectos de seguridade, a organización limitou a 150  o límite de prazas. As inscricións poderán formalizarse a través da web: www.arousa.com ou www.galitiming.com a partir deste próximo domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí