Arranca a Festa da Vieira de Cambados

    CAMBADOS> Cambados celebra esta fin de semana a súa XV Edición da Festa da Vieira, nun ano no que a escaseza deste bivalvo e a súa demanda fan del un produto de luxo. 

     

    Selladas a prancha, con migas de pan de millo, ou marinadas… son só algunhas das preparacións que este ano se poderán degustar na XV Edición da Festa da Vieira de Cambados. Ao mando dos fogóns, un lalinense Diego López, quen non desaproveitou a nosa presenza, para explicarnos un pouco a preparación de tan rico produto local. 

    Unha celebración que terá lugar dende este venres ata o domingo, no paseo da Calzada da vila. Unha excelente ocasión, para promocionar este produto típico de Cambados. 

    A inauguración asistiu o Director Xeral de Pesca, Juan Carlos Maneiro, quen aproveitou a ocasión para recoñecer que a alta demanda e a escaseza deste bivalvo fan del un produto gourmet. 

    A Festa da Vieira chegan este ano os showcookings dos famosos cociñeiros Pepe Solla e Kike Piñeiro, que prepararán en directo os platos que se poden degustar ata o domingo en Cambados. A maiores, 17 establecementos hosteleiros de Cambados ofrecen de balde durante a xornada deste venres unha tapa de vieira aos seus clientes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/15/inauguracion_festa_vieira_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/15/inauguracion_festa_vieira.mp4{/flowplayer}