O posible heliporto do Hospital do Salnés en Vilanova a pleno o vindeiro luns

    VILANOVA> O heliporto do Hospital do Hospital do Salnés, está dende este venres, un pouco máis cerca de instalarse en Vilanova. Concretamente nunha parcela do parque industrial de Baión, tal e como confirmaba en rolda de prensa, o alcalde Gonzalo Durán. 

     

    O entorno de San Simón é o posible emprazamento para o futuro heliporto do Hospital do Salnés. O grupo de goberno, en Vilanova, levará ao pleno o vindeiro luns unha moción. 

    Unha moción pola vía de urxencia na que se concretará a oferta ao Sergas, no entorno do campo da festa de San Simón, aínda que serán os técnicos os que decidan, cal é o emprazamento que se adapta mellor as condicións necesarias. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/15/heliporto_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/15/heliporto_vilanova.mp4{/flowplayer}