A Deputación recuperará os xacementos da Lanzada

    recuperacion_lanzada100.jpgSANXENXO> A Deputación colabora co Concello e coa comunidade de montes de Noalla na recuperación dos xacementos da Lanzada.

    {flowplayer}images/salnes/recuperacion_lanzada.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A Deputación de Pontevedra colaborará co Concello de Sanxenxo e coa comunidade de montes de Noalla na recuperación dos xacementos arqueolóxicos da Lanzada.

    Hoxe asinouse o convenio de colaboración polo que se investirá nesta actuación 306 mil euros. As obras financiaranse en parte con fondos comunitarios do FEDER no ámbito do Proxecto Pousadas. Na Lanzada recuperarase un castro do Bronce Final, con tres niveis diferentes de ocupación e un poboado e unha necrópole dos séculos III e V despois de Cristo.

    As obras de recuperación comezarán en xuño e durarán uns seis meses. A Comunidade de Montes de Noalla cederá a parcela na que se atopa o xacemento, unha finca rústica denominada Monte da Lanzada, onde se traballará unha superficie aproximada de 9.000 m2. Logo da visibilizar o xacemento da Lanzada, documentaranse os achádegos e procederase á súa restauración e musealización. Os visitantes ademais de mirar tamén poderán participar nos traballos.

    Amais da recuperación do castro da Lanzada, e doutro en Ribadumia, o proxecto global inclúe a construción de catro pousadas e de rutas de sendeirismo. Unhas obras que servirán para empregar a preto de 250 persoas a partir de xuño.

    Redacción Salnés