A Deputación participará na reforma da casa de cultura

    fotoreunioncopia.jpg VILAGARCÍA> Rafael Louzán mantivo esta mañá unha reunión co alcalde, na que se comprometeron a asinar un convenio para reformar o edificio.

    {flowplayer}images/salnes/ReunionFoleLouzan.flv{/flowplayer}

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole comprometéronse a asinar un convenio para levar a cabo as obras de mellora da Casa de Cultura.Este foi un dos temas fundamentais da xuntanza de traballo que mantiveron esta mañá, na que tamén tiveron tempo para falar da Escola de Música e do Conservatorio.

    Segundo Tomás Fole este salón de actos da casa de cultura de Vilagarcía é un edificio emblemático e é preciso levar a cabo as obras necesarias para devolverlle a actividade que tivera noutro tempo.

    O Presidente da Deputación recoñeceu tamén a historia e importancia deste salón de actos e mostrou a dispoñibilidade da Deputación de traballar para realizar as melloras precisas. Ademáis achacou ós enfrontamentos do bipartito a situación actual desta sala

    Tamén visitaron os dous líderes populares a Escola de Música, que da servizo actualmente a unhas 600 persoas, a maior parte delas nenos. Sobre este edificio tamén se levarán a cabo melloras dentro deste convenio que asinarán Concello e Deputación.

    Outro dos puntos que se trataron esta mañá foi o referente ós Conservatorios oficiales homologados pola Xunta. Con respecto a isto Louzán anunciou que manterán unha reunión cos alcaldes dos concellos nos que están ubicados para buscarlle solución a este tema.

    Para rematar Louzán fixo referencia á importancia da música e a cultura na formación das novas xeracións.

    Redacción Salnés