Ribeira aproba inicialmente uns orzamentos próximos ós 21 millóns e medio

    RIBEIRA> A corporación municipal de Ribeira aprobaba inicialmenteos presupostos municipais para este ano. O Partido Popular foi quen de sacar adiante un documento orzamentario grazas ós apoios de IPdeR e o grupo de non adscritos e as abstencións de BNG, PSOE e Ciudadanos. Tal e como se prevía, o executivo ribeirense foi quen de aprobar inicialmente os orzamentos municipais para o presente ano. Facíao este xoves no transcurso dunha sesión plenaria con carácter extraordinario. O punto saía adiante cos votos a favor do Partido Popular, de Iniciativa Progresista de Ribeira e da edil do grupo de non adscritos, Lola Elorduy, a as abstencións de Bloque Nacionalista Galego, Partido Socialista e Ciudadanos. O alcalde, Manuel Ruíz, insistiu na súa intervención no marcado carácter social destes orzamentos que ascenden no seu total a 21’4 millóns de euros. Segundo el trátase dun documento orzamentario plural no que se recolleron propostas presentadas por tódolos grupos políticos con represnetación municipal, coa única finalidade de satisfacer os intereses comúns de tódolos veciños do municipio.