O BNG demanda melloras na rúa de Lugo

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira solicita o acondicionamento da Rúa de Lugo por tratarse dunha vía céntrica moi transitada. Os nacionalistas denuncian que o asfalto desta rúa xa leva moito tempo en malas condicións, habendo lugares con fochancas, e firme irregular nalgún tramo. Sinalan ademais que as beirarrúas actuais son estreitas, nalgún tramo teñen pendentes excesivas e mesmo están desfeitas e deberíanse ampliar para darlle máis espazo a viandantes e reducirlle as dificultades e obstáculos ás persoas con mobilidade reducida. Isto tamén beneficiaría aos establecementos comerciais da rúa. Por último, dende o BNG lembran tamén a necesidade de proceder á renovación dos servizos de abastecemento de auga e saneamento.